Mostrando entradas con la etiqueta RECURSOS ONLINE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RECURSOS ONLINE. Mostrar todas las entradas

jueves, 1 de junio de 2017

UN DETECTOR DE BARULLO

Levamos uns días utilizando unha páxina no ordenador e no EDI para controlar o barullo na aula, e de momento está a funcionar xenial.
Se queredes probar este ruidómetro... ide a bouncy balls premedo na imaxe.



martes, 30 de mayo de 2017

FACEMOS IOGA CO EDI

Despois de merendar, algúns aproveitaron para facer ioga cun video que proxectamos no noso encerado dixital interactivo.


Se queredes ver o vídeo, poñédevos cómod@s e a comezar!!!! Mirade:


jueves, 6 de abril de 2017

O COELLO DE PASCUA VEU CARGADIÑO DE OVOS DE CHOCOLATE

Pero coas présas da última hora quedaron no cole as cestiñas.
Non vos preocupedes que mañá as levamos cos nosos oviños que xa iremos máis lixeiriños de equipaxe... ou non? quen sabe!


Premede AQUÍ para ir ao blogue da "teacher" Ángeles, e poderedes xogar online a xogos de Pascua.
Se premedes na imaxe xa ides directamente ao enlace dos xogos.


Mirade que divertido é decorar ovos de Pascua!!!

martes, 28 de marzo de 2017

MANDALAS NATURAIS

Máis provocación de aprendizaxe que fan que nós, os peques, nos motivemos a realizar tarefas cos materiais propostos, e á vez aprender moitos contidos a partir dos mesmos. É unha proposta nunca unha obriga, e iso fai que todos teñamos gañas de participar nela.
Cunha previa preparación para só amosar os materiais que poden ser utilizados basta, o resto xa ven da nosa parte.



Unha só imaxe nos guiou para saber que coas cunhas, paus, piñas... materiais naturais en xeral... podemos crear moitas máis cousas das que pensabamos. Unha delas pode ser facer mandalas.


Os mandalas, por si non os coñecedes, proveñen so sánscrito e son uns disgramas ou reprensentacións simbólicas. Empréganse moito no budismo e no hinduismo, e pouco a pouco foron gañando fama polo seu máxico poder de relaxación.
Hai milleiros de mandalas para colorear na rede, e moitas ideas para crear mandalas tamén con materiais naturais.
Si premedes na imaxes poderedes colorealos online:


Nós empregaremos na aula os mandalas dos dous xeitos, como ferramenta relaxante (nun novo espazo que se creará en breve na aula) e tamén como unha forma creativa de colocar distintos materiais para formalos, sempre en forma circular.

Aquí vos deixamos unha ben sinxeliña por si vos queredes adentrar no mundo dos mandalas.

jueves, 23 de marzo de 2017

PAXARIÑOS PIADORES DA PRIMAVERA

Chegaron á nosa clase, sen cor, sen plumas, sen niños, sen comidiña nin nada de nada, pero nós xa nos encargamos de servilos de todo iso, e así de ben os puxemos!!!!
Moito colorido (como xa viramos nas imaxes de paxaros que os hai de todas as cores, e moitas especies teñen varias cores, pois a colorear sen medo!), un niño quentiño con laniñas, plumas para voar e gardar calor, e uns ricos "gusanitos" de plastilina para almorzar.


Por suposto, quedounos ben claro que o mellor sitios para os paxaros é a liberdade de vivir na natureza, xa que nas gaiolas non poden voar.

Se queredes pintalo online, premede AQUÍ ou na imaxe e xa o poderedes facer dende o voso ordenador.