Mostrando entradas con la etiqueta AMBIENTES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AMBIENTES. Mostrar todas las entradas

viernes, 10 de noviembre de 2017

O CAIXÓN DE LUZ, OUTRO RECANTO ONDE PODER XOGAR


Xa sabemos moi ben encendelo e apagalo, e cambiar a cor dos leds... vamos que somos autodidactas e poñémonos a xogar sós superben.

martes, 12 de septiembre de 2017

ENSINÁMOSVOS UN ANAQUIÑO DA NOSA NOVA AULA

Como se tivesedes un buratiño, ou unha fiestra pola que mirar... aquí vos deixamos unhas pinceladas da nosa nova clase.
Estas primeiras semanas aínda lle daremos voltas para crear novas zonas ou ambientes de aprendizaxe, pero aquí podedes ver algunhas das que xa están ben definidas.


Gústavos? Como podedes observar a luz vai ser moi importante dentro da aula, e está presente en todas e cada unha das zonas.

domingo, 28 de mayo de 2017

NOVOS MATERIAIS, NOVAS POSIBILIDADES DE XOGO E APRENDIZAXE


Dixo a profe que estos materiais agora estarían no recuncho das construcións, así que... puxémonos a pensar e contruimos torres... e tamén un laberinto!!!! Síiii, o que vedes colocado polo chan é un laberinto, e hai que ter coidado porque non se poden pisar os vasiños nin os rolos de cartón.
Que se nos ocorrerá facer outro día?

jueves, 30 de marzo de 2017

CADA VEZ ENTENDEMOS MELLOR O IMPORTANTE QUE É COLABORAR


Se antes gozábamos máis de destruir o que facían os nosos compis, agora xa nos demos conta de que si nos axudamos uns aos outros podemos facer obras cada vez máis grandes, máis chulas, en menos tempo... e encántanos gozar da sensación de formar parte dun equipo.
Cando hai un aplauso para un equipo de persoas, por facer ben algo en grupo, todos os membros do mesmo se senten igual de importantes e protagonistas nel. Da igual que puxeramos 1, 30 ou 200 pezas na construción (por poñer un exemplo) a obra final debeuse ao que cada un aportou, e todos os grans de area son igual de importantes.
Bravo por este traballo en equipo chic@s!

martes, 28 de marzo de 2017

E VELAQUÍ ESTÁ "O NOSO NOVO NEGOCIO"




Pois sí! Que mellor xeito de dar a benvida á primavera que enchendo a nosa clase de flores de cores?
Con este novo espazo xogaremos simbolicamente, e farémolo sempre en pequenos grupos pois só poderá haber 4 carnés para a zona de floristería, supermercado e picnic.
Nel temos que facer aínda algunha obriña e abastecernos de materiais (os cales iremos creando pouquiño a pouco), pero xa temos o noso catálogo de produtos florais listo.
Agora xa podemos mercar e vender flores, ramos, plantas aromáticas...  e como non, traballaremos con moedas para iso, así que... aquí veñen escondidas unhas cantas matemáticas.


Hoxe a asemblea inicial foi moi productiva a partires de ver o novo espazo e da formulación de sinxelas preguntas tales como :
Que é? Como se chaman os que traballan ahí? Que son as flores? De que cores poden ser? Poden comer moscas as flores?... xurdiu unha conversa moi interesante na que se viron as nosas ideas previas sobre o tema.
E así, falando e falando, chegamos á pregunta do millón. E si hai moitas cousas que non sabemos... que podemos facer? Onde podemos buscar información sobre as flores e as plantas? E mentres a profe contaba ter a resposta de: buscar nos libros, buscar en internet, preguntar a papá e mamá... atopouse con que dixemos "pues vamos a una floristería". E así, a bote pronto, e sen pensalo! nos pareceu a todos unha idea xenial. Pois... non sabemos como se chaman os que traballan nas floristerías, só coñecemos 2 nomes de flores (margarita e rosa) e temos super claro clarísimo que "ningunha planta pode comer moscas, pois comen area". Será todo isto certo? 
Iremos a unha floristería e seguro que viremos con resposta a todo isto.

Teremos que poñernos a investigar e a converternos en EXPERTOS NA MATERIA (das flores e plantas).
Por iso, agora temos un grande traballo por diante no que teremos que contar coa axuda das nosas FAMILIAS. Temos que convertirnos en expertos nalgunha cousiña relacionada coa materia (xa sexa buscando a información na rede, en libros, ou falando sobre as plantas ou o horto da casa dos avós, por exemplo) e traer a información recollida nunha cartolina (imaxes, textos, sementes... o que queirades) e que nós llo podamos explicar aos nosos compañeir@s, aportando así novos contidos de coñecemento ao grupo, e tendo como guía ese pequeniño traballo de investigación. Non hai datas, cada un vai traendo segundo poda. É algo voluntario, pero a tod@s nós nos encantaría ser OS EXPERT@S DO DÍA. Por iso, aínda que vos pareza pouquiña cousa, todo será importante para o noso proxecto. 
Á vez, todos podemos colaborar aportando á aula algún material relacionado co tema (sempre todo marcado co noso nome), ferramentas que nos permitan traballar coas plantas, libros de xardineiría, sementes...  esperamos a vosa axuda. Moitísimas gracias de antemán!!!!!

lunes, 27 de marzo de 2017

FIXÉMONOS EMPRENDEDOR@S!!!!

Sí, sí. É certo. Mañá abrimo-las portas dun novo negocio que montamos na nosa clase.
Aínda nos queda moito traballiño por facer, pero xa temos o máis importante para comeza-la andaina, a principal materia prima.
Ocurrénsevos ideas do que estaremos a facer?
En que negocio nos meteríamos?
Pensade, pensade!!!!

domingo, 26 de marzo de 2017

SE NON ERES DA NOSA CLASE NON PODERÁS...

Circular polos ambientes/recunchos que temos nela.
Isto é porque dende o venres temos uns carnés especiais para poder ir xogando pola clase con orde e que non nos xuntemos demasiados nen@s nunha mesma zona. Agora hai lugares nos que podemos estar só 1 (coma a zona do laboratorio), 3 (a zona do atelier), ou 4 (supermercado...)


Si por exemplo queríamos ir a xogar cos coches pero xa están 2 carnés, teremos que buscar outro sitio a onde ir.
Que vos parece?
Á vez traballaremos aspectos numéricos e de ordeación pois teremos que ir colocándo os nosos carnés por orde de chegada (si cheguei de 1º poñereino no 1, si cheguei de 3º poñereino no 3...)

XOGAMOS COS ANIMAIS?

Claro que sí!!!
Pero agora farémolo recreando pouquiño a pouquiño os seus hábitats.
Na medida do posible utilizaremos materiais naturais para recrealos, pero para iniciarnos o venres na tarefa puxemos de base unha alfombriña de céspede artificial e uns anaquiños de feltro. Logo xa iremos engadindo outras cousiñas.


jueves, 23 de marzo de 2017

HOXE CAMBIAMOS O MANDILÓN POLA CAMISETA

E iso que o día estaba de bufanda, gorro e luvas!!!!
Pero... que ben non vestimos nós soíñ@s e os que non sabíamos como poñer a camiseta pedimos axuda e rapidamente nos uniformamos tamén.
E nada, que despois de facer os nosos experimentos... continuamos comodamente cos nosos atuendos.

jueves, 16 de marzo de 2017

QUEREDES UNHA PULSEIRA CO VOSO NOME?

Esa foi unha das propostas de hoxe nos recunchos. Aínda que só pasaron uns pouquiños nen@s por el, case todos os que o fixeron conseguiron superar a proba e levarse a súa pulseiriña personalizada.
Os que non o fixeron ou conseguiron hoxe, xa o irán facendo no tempo de actividade nos recunchos /ambientes da aula.


Motricidade fina, letras e xogo son os compoñentes esencias desta actividade.

miércoles, 8 de marzo de 2017

IMOS FALAR DE ORGANIZACIÓN

23 peques nun mesmo espazo, con distintos gustos, distintos ritmos e distintas personalidades non podemos estar facendo o mesmo todo o tempo.
Por suposto que hai momentos nos que todos estamos xuntos e atendendo a unha mesma actividade, conversa, etc. pero na maioría das veces estamos en pequenos grupos ( xa sean os das cores para actividades concretas, ou os que se forman libremente arredor de determinados espazos e materiais).
Aquí vos ensinamos un exemplo destes momentos nos que "xuntos, pero non revoltos" somos quen de traballar en distintas tarefas e mantendo unha orde.


Uns pintamos, outros facemos trazos nas pizarras, outros estamos xogando con tatus, outros coa profe facendo o traballo en papel (somos os que andamos a buscar as fotos)... e así, imos rotándonos para facer un pouquiño de todo.
E vós? como vos organizades?

lunes, 6 de marzo de 2017

ONDE PODEMOS XOGAR COS COCHES?

Xa temos un novo espazo para poder xogar dentro da clase.
Coma sempre, na medida do posible, utilizamos material de refugallo, por iso, se lle deu un segundo uso a unha bobina de madeira, das do cableado.


Agora teremos que aprender a circular cos coches correctamente. Toca sinalizalo todo!