Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2016-2017. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2016-2017. Mostrar todas las entradas

viernes, 23 de junio de 2017

A DESCENDENCIA DAS BOLBORETAS

Unhas das nosas 2 bolboretiñas xa puxo ovos, así que temos asegurada a súa descendencia!
Se gardamos os seus oviños ata a próxima primavera... xa poderemos repetir a nosa experiencia de ver a metamorfose dos vermes de seda.
Sí, sí! Así é como se fai cada ano para ter os vermes de seda nas clases, gardamos os ovos nunha caixiña pechada dun curso para outro e abrímola cando chega a primavera.
Mirade que ben se ve, porque xusto puxemos a bolboreta no noso "vaso para ver bichitos con lupa":


                                        OVIÑOS NACIDOS NO CPI. MONTE CAXADO

Estou voltando as escribir como se nada pasase, porque esta imaxe é de onte, pero non tiña o día para poñerme a facer nada.
Pero...
que culpa teñen os peques?
que culpa tedes/temos as familias?
que culpa temos os profes?

Como ninguén de vós (para quen escribo cada día) a ten, vou volvendo en min para facer as entradiñas como se nada pasara... pero co corpo moi raro, cunha sensación extraña, e moita rabia de que as cousas se fagan así porque sí.

Pero... como as bolboretas tampouco teñen a culpa... e como se merecen ao igual que os pitiños unha visita para que acompañedes aos peques na observación das marabillas na natureza. HOXE VOS CONVIDAREMOS A VELAS NA NOSA CLASE  e a facer unha cousiña.

FESTA DA AUGA


FELIZ DÍA DA AUGA DO CPI. MONTE CAXADO









miércoles, 21 de junio de 2017

SABÍADES QUE HOXE FOI O SOLSTICIO DE VERÁN?

Pois sí, e con esta calor, en que estación íamos estar senón? Pero ademais tamén foi o día internacional do ioga.
Nós quixemos celebralo coa danza do corazón e cunhas posturiñas que nos serviron para voltar á calma despois do axetreo do patio. Con esta calor!!! Ai, como andamos!!!!





Como nos vedes? Relaxadiños, verdade?

A FESTA COLECTIVA DOS ANIVERSARIOS QUE NON SE FESTEXARON COA PROFE BEA

O motivo de facer todos ata os que serán no primeiro trimestre do próximo curso é porque os festexaremos doutro xeito. Entón así temos a referencia todos de xeitos diferentes de festexar o aniversario.










Bocatas, froita, zume de cítricos e unha fresquísima "ESCUMA DE AMORODOS E KIWI" 
feita coa axuda do Thermomix da profe :)

Cando repetimos?
Hoxe puxemos a proba o tema de probar ou non probar a froita, pois despois da Semana da froita e ter 3 ou 4 casos nos que probala se converte en todo un drama... resulta que si a froita vai pinchada nuns paliños en forma de flor, ou mesturada en forma de xeado, ou en zume feito por nós, ale, xa todo o mundo o proba!!!
Porfi familias deixade que probemos motívándonos co proceso de elaboración de algunha receita sinxeliña: que si un xeado, que si unhas brochetas, que si fago unha illa cun kiwi e un plátano...
seguro que funciona.








Mirade estes exempliños, son moi sinxelos!!! A ver quen se anima!!!! 
Se poñedes en google:
ou 
poderedes atopar moitísimas máis ideas.

UFFF!!!! DERRETÍMONOS!!!!

Así que... saímos un ratiño antes ao exterior, e dispuxémonos a decorar o chan con ilustracións feitas con tizas de cores, pero entretanto, a profe nos pulverizaba con auguiña para refrescarnos!!!!!!
Non estamos acostumados a estas temperaturas!!!! E menos aínda a sufrilas sen que corra nin un amago de brisa :(




martes, 20 de junio de 2017

MEDRAN E MEDRAN OS NOSOS PITIÑOS.

Queredes velos? Pois velaquí están:




CHEGOU A TEMPO A METAMORFOSE!!!!!






HOXE APRENDIMOS A FACER COMPOSICIÓNS CON PLANTAS

Contamos coa visita de Dani da floristería Dayfi e vimos como rapidamente fixo unha composición aproveitando unha caixiña da froita que tiñamos nós na clase, unhas plantiñas crasas, e unhas pedriñas. Sen esquecerse de poñer no primeiro paso un plastiquiño para que nin a terra nin a auga escapen despois.


Tamén aproveitou para xogar un pouquiño na nosa floristería e ata nos fixo un ramiño ban bonito!


E tamén nos ensinou cousiñas das plantas carnívoras.


Animádesvos vós a facer unha composición?
Nós xa levamos unha plantiña para casa coa idea de que nos axudedes a facer algo similar. así que... mans á obra!


UNHA VISITA AO FONDO MARIÑO

Temos a sorte de ter moi preto museos moi, pero que moi interesantes. É o caso, por exemplo, do Aquarium Finisterrae da Coruña, que visitamos onte.
Puidemos ver dende ovos de tiburón con bebés en diferentes fases, o relaxante movemento das medusas, cabaliños de mar, estrelas de mar, como os peixes se moven en bancos pero cada un vive nunha zona determinada do océano (uns en bateas, outros en acantilados, outros en covas mariñas...), tamén atopamos a Nemo, Dory e Marlin (os peixes paiaso da sala Humbold)... pero o máis esperado e interesante foi ver como alimentaban a Gastón o tiburón, e ás 13 focas que hai no exterior.
Gastón non parecía ter moita fame e na primeira volta da buceadora pasou olímpicamente da pescada que lle deron.
Sabíades que os peixes do tanque da sala Nautilus comen só 3 veces á semana? As focas, nembargantes, comen 3 veces ao día.
Mirade un pouquiño da nosa visita: