viernes, 23 de junio de 2017

A DESCENDENCIA DAS BOLBORETAS

Unhas das nosas 2 bolboretiñas xa puxo ovos, así que temos asegurada a súa descendencia!
Se gardamos os seus oviños ata a próxima primavera... xa poderemos repetir a nosa experiencia de ver a metamorfose dos vermes de seda.
Sí, sí! Así é como se fai cada ano para ter os vermes de seda nas clases, gardamos os ovos nunha caixiña pechada dun curso para outro e abrímola cando chega a primavera.
Mirade que ben se ve, porque xusto puxemos a bolboreta no noso "vaso para ver bichitos con lupa":


                                        OVIÑOS NACIDOS NO CPI. MONTE CAXADO

Estou voltando as escribir como se nada pasase, porque esta imaxe é de onte, pero non tiña o día para poñerme a facer nada.
Pero...
que culpa teñen os peques?
que culpa tedes/temos as familias?
que culpa temos os profes?

Como ninguén de vós (para quen escribo cada día) a ten, vou volvendo en min para facer as entradiñas como se nada pasara... pero co corpo moi raro, cunha sensación extraña, e moita rabia de que as cousas se fagan así porque sí.

Pero... como as bolboretas tampouco teñen a culpa... e como se merecen ao igual que os pitiños unha visita para que acompañedes aos peques na observación das marabillas na natureza. HOXE VOS CONVIDAREMOS A VELAS NA NOSA CLASE  e a facer unha cousiña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario