viernes, 1 de septiembre de 2017

INICIO DO CURSO 2017/2018

Despois de tempo sen publicar , abro este post para desexarvos un...
É moi común que estes días entre profes nos demos o "FELIZ CURSO" e é que comezar unha nova aventura cos peques é algo a festexar.
Pero esta vez quero facer extensiva a felicitación non só para todo o profesorado, senón tamén para o alumnado a as familias.
Este curso a Consellería xogóunola ben xogada e temos unha grande tarefa organizativa por diante: tanto de organización dentro do cole, como de organización familiar (pois o horario sexa o que sexa que resulte da votación non era o que xa tiñamos) e iso vai levar moitos cambios a nivel organizativo para quen traballe e teña uns horarios que non encaixen agora coas entradas e saídas dos peques.
Pese a todo isto... O CURSO 2017/2018 estará cheo de aventuras, de aprendizaxes, de diversión, e por nada do mundo esta situación se pode notar de cara aos peques.
Agora temos moitos máis compañeiros e compañeiras (profesorado e alumnado), temos un recinto máis amplo con 2 edificios que teremos que ir coñecendo pouco a pouco... e temos, iso sí, moitísimas gañas de comezar -bueno, seguro que algún peque prefire estirar un pouquiño máis as vacacións :-) , pero...
- HOXE comezamos os mestr@s
- O LUNS 4 temos que votar o horario (TODAS AS FAMILIAS, IMPORTANTÍSIMO)
- O DÍA 11 comezan os peques
Nestes días estaremos preparando cousas nas aulas, temas organizativos dentro do claustro, niveis, equipos (biblioteca, TIC...) para que o curso sexa un máis, e discurra con toda a normalidade do mundo, e entre tanto tamén


Vémonos moi prontiño ;-)
Comezamos unha nova aventura, seguide atent@s ao blogue este curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario