lunes, 11 de septiembre de 2017

ALGÚNS APUNTES ANTES DE QUE TEÑAMOS A REUNIÓN DE INICIO DE CURSO

Aínda que esperamos poder convocarvos canto antes, como hoxe xa me preguntáchedes cousiñas... vounas respostar aquí para ir adiantando:
- O calendario de merendas a seguir, será este:


- Os nen@s non traerán botella de auga, porque termos unha garrafa con dispensador na aula, e así serán máis autónom@s, ao tempo que evitamos andar levando e traendo cousas.
- Non traerán mochila, pois cunha bolsiña de tea (co nome por fóra) para a merenda nos chega. Ademais, como nos percheiros seguimos a ter o espazo moi xusto, a bolsiña de tea con cordón é a mellor opción.
A mochila de tea do curso anterior tamén a traeremos á aula agora, nestes primeiros días, pero quedará na aula.


- Xa podemos traer, en canto queiramos, as nosas zapatillas de velcro.

- Non esquezades marcar a roupa e poñerlle cintas ou gomas ás chaquetas, mandilóns e xerseis para poder colgalos no percheiro.

- Xa podedes ir collendo material da lista que aparece na páxina web do colexio. Terá que vir marcada a bolsa por fóra e o material de uso persoal (estoxo, cartafoles, lienzos e libro de inglés), o resto do material non fai falla marcalo.

MOI MPORTANTE para o alumnado de relixión: NON MERCAR O LIBRO QUE APARECE NA LISTA DE LIBROS.

- O libro de inglés sí hai que collelo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario