Mostrando entradas con la etiqueta MOTRICIDADE FINA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MOTRICIDADE FINA. Mostrar todas las entradas

domingo, 19 de noviembre de 2017

A NOSA DIANA DOS NÚMEROS: LANZAMENTO DE POMPÓNS

O outro día improvisamos un xogo co que o pasamos super ben. É un xogo de puntería numérica. Puxémonos en ringleira para respetar a quenda de xogo e fomos lanzando pompóns a un forro de pegar que pegamos dende o alto na clase.
Así íamos lanzando e si conseguíamos que se pegara o pompón nun número tiñamos que dicir cal era ese número.




jueves, 16 de noviembre de 2017

UN XIMNASIO PARA AS NOSAS MANS

A motricidade fina é algo que traballamos moitísimo no cole, porque na nosa vida cotiá a temos que ter moi, moi traballada para facer tarefas de certa precisión. Por exemplo, para poder escribir ben é fundamental saber agarrar ben o lápis, ou para poder tender unha peza de roupa nun tendal é preciso ter unha forza e mañá suficiente para abrir e colocar ben a pinza.
Por todo isto, a profe ao fin puxo en marcha uns materiais que levaba tempo querendo utilizar e que os tiña visto dentro da Pedagoxía Waldorf.
Estos materiais son uns TELARES (que por certo foron unha obra de Samuel o papá de Xabi a principio de curso, e estos días no-los rematou Caínzos, o conserxe, que nos puxo o sedal para poder texer). Graciñas aos dous!!!!
E sen máis lío... mirade as nosas creacións:



Moi chuli, verdade?

domingo, 22 de octubre de 2017

EXEMPLOS DE ACTIVIDADES DE MOTRICIDADE FINA

Calquera destas actividades as podedes traballar na casa pois non requiren ningún material que non teñades ou podades conseguir. Unhas pinciñas do xeo, ou do churrasco... (calquera que teñades na cociña), algún elemento para rodear con lá, pequenos obxectos para agarrar coas pinzas...

E deixámosvos tamén unha ide moi, moi sinxela e de reciclaxe, para que fagades o voso propio XOGO DE APRENDER A ATAR OS CORDÓNS. Unha oveira, e un vello cordón que teñamos por ahi gardado.





Esperamos ver os resultados desta práctica ;)

domingo, 28 de mayo de 2017

TRABALLANDO A NOSA MOTRICIDADE FINA A TRAVÉS DE XOGOS E ACTIVIDADES MOI SINXELAS


Se o queredes facer na casa, xa vedes que nos vale todo: calquera tipo de caciño, culler, pinza... se non tedes pinzas vale das cubiteiras de xeo, por exemplo. Tamén se pode facer coas das infusións... probade!!!

domingo, 26 de marzo de 2017

jueves, 16 de marzo de 2017

QUEREDES UNHA PULSEIRA CO VOSO NOME?

Esa foi unha das propostas de hoxe nos recunchos. Aínda que só pasaron uns pouquiños nen@s por el, case todos os que o fixeron conseguiron superar a proba e levarse a súa pulseiriña personalizada.
Os que non o fixeron ou conseguiron hoxe, xa o irán facendo no tempo de actividade nos recunchos /ambientes da aula.


Motricidade fina, letras e xogo son os compoñentes esencias desta actividade.

martes, 14 de marzo de 2017

MOTRICIDADE FINA

Hai mil e un xeitos de traballar a motricidade fina, e un dos xeitos de traballala na nosa aula, e á vez valernos dalgúns materiais de refugallo é esta:


Traballar con pinzas e  caciños (dos que veñen cos cereais de bebé) a colocar e ordear, libremente os pompóns (uns aproveitados doutro xogo matemático, e outros feitos con lá).
Os peques poden escoller como facer a organización: por cores, por tamaños, 1 grande e 2 pequenos... como queiran, e se o fan, coma neste caso, por parellas, pois teñen que poñerse de acordo.
Por iso, é un traballo moi completo.

sábado, 18 de febrero de 2017

MOTRICIDADE FINA

Temos un espazo adicado exclusivamente a tarefas de motricidade fina, as cales nos servirán para mellorar na precisión, percepción óculo-manual, agarre... Nel ao igual que no resto de espazos da aula, irán aparecendo novos materiais, que unha vez coñezan o seu desenvolvemento, utilizarán autonomamente.
Algún exemplos...