jueves, 16 de noviembre de 2017

UN XIMNASIO PARA AS NOSAS MANS

A motricidade fina é algo que traballamos moitísimo no cole, porque na nosa vida cotiá a temos que ter moi, moi traballada para facer tarefas de certa precisión. Por exemplo, para poder escribir ben é fundamental saber agarrar ben o lápis, ou para poder tender unha peza de roupa nun tendal é preciso ter unha forza e mañá suficiente para abrir e colocar ben a pinza.
Por todo isto, a profe ao fin puxo en marcha uns materiais que levaba tempo querendo utilizar e que os tiña visto dentro da Pedagoxía Waldorf.
Estos materiais son uns TELARES (que por certo foron unha obra de Samuel o papá de Xabi a principio de curso, e estos días no-los rematou Caínzos, o conserxe, que nos puxo o sedal para poder texer). Graciñas aos dous!!!!
E sen máis lío... mirade as nosas creacións:



Moi chuli, verdade?

No hay comentarios:

Publicar un comentario