martes, 20 de junio de 2017

UNHA VISITA AO FONDO MARIÑO

Temos a sorte de ter moi preto museos moi, pero que moi interesantes. É o caso, por exemplo, do Aquarium Finisterrae da Coruña, que visitamos onte.
Puidemos ver dende ovos de tiburón con bebés en diferentes fases, o relaxante movemento das medusas, cabaliños de mar, estrelas de mar, como os peixes se moven en bancos pero cada un vive nunha zona determinada do océano (uns en bateas, outros en acantilados, outros en covas mariñas...), tamén atopamos a Nemo, Dory e Marlin (os peixes paiaso da sala Humbold)... pero o máis esperado e interesante foi ver como alimentaban a Gastón o tiburón, e ás 13 focas que hai no exterior.
Gastón non parecía ter moita fame e na primeira volta da buceadora pasou olímpicamente da pescada que lle deron.
Sabíades que os peixes do tanque da sala Nautilus comen só 3 veces á semana? As focas, nembargantes, comen 3 veces ao día.
Mirade un pouquiño da nosa visita:












No hay comentarios:

Publicar un comentario