jueves, 27 de abril de 2017

AO COLE EN BICI!!!!!

Pois claro que sí!!!
Non vai ser cousa dos Concellos e dos Clubes ciclistas facer o DÍA DA BICI, e aínda que o día internacional da mesma foi o pasado día 19 de abril, nós o fixemos este mércores e pasámolo xenial!!!!
Iso sí, a emoción de vir cos cascos e as biciscletas nos tivo eléctric@s toda a mañá!!!!!
Pero valeu moitístimo a pena a experiencia e quedamos con moitas ganas de repetila.
Botade unha ollada:













Isto é só un pequeniño resumo, das moitas fotos que fixemos unhas cantas estaban borrosas POLA VELOCIDADE, :)

Para facer esta actividade do circuito contamos coa colaboración de Óscar, o pai de Vera, policía local. Encargouse de montar un GRANDE CIRCUITO con sinais, unha rotonda e ata un semáforo!!! Sí, sí, cunha aplicación nunha tablet  e un poste, voilá un semáforo.
Moitísimas grazas pola colaboración!!!!

Co ben que o fixemos conseguimos un brazalete reflectante (tamén se podería poñer na bicicleta directamente (na barra de debaixo do sillín, por exemplo), un colgante de "carné de ciclista" e unha sinal -matrícula (pero sen números, coas nosas letras, é dicir, cos nosos nomes). E todo iso porque o fixemos REQUETEBEN!!!

Pero, antes de ir ao propio circuito fixemos en papel un traballiño sobre as partes da bicicleta e a importancia de levar casco, así como vimos algunhas sinais de circulación. Que vos parece?


No hay comentarios:

Publicar un comentario