sábado, 30 de septiembre de 2017

COMEZA A VIAXAR A NOSA MALETA

Para esta dinámica fixemos un calendario de ruta por orde de lista, así que... Carmen que é o número 1 da lista, será a primeira en encher a súa maletiña de cousas para contarnos cousiñas dela e a súa familia, e así coñecela un pouquichiño máis.


Aquí vos deixamos tamén a explicación da nosa actividade, para que vaiades pensando que podedes meter nela... e tamén o calendario da ruta, que irá sempre de venres a luns.



Por certo... o número de lista ao que nunca lle fixemos nin caso este curso é un grande protagonista pois é a referencia nos nosos percheiros e o será tamén no moble de gardar as nosas botas de auga. Ademais, os encargados de cada día farán unha serie de actividades matemáticas (método ABN) partindo do seu número de lista. Será así moi doado, aprender os 22 primeiros números da recta numérica, pois a diario traballaremos con eles, os identificaremos cos números dos compañeiros e compañeiras... 
E... como moi pronto veredes, xa estamos traballando coas decenas e as unidades. En canto podamos vos contamos algo máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario