domingo, 1 de octubre de 2017

ENTRETEMPO...

Estamos xa no outono, pero ás veces o tempo parece que nos quere enganar. Pola mañá temos que abrigarnos pois pola noite hai xeada e as temperaturas son baixas, e a media mañá logo parece verán.
Pode que caian 4 gotas, ou pode caer un bo chaparrón... nunca se sabe, así é o entretempo.
Na nosa clase vai moita calor polo que non fai falla que nos abriguemos moito, pois o mandilón tamén nos abriga e cunha manguiña fina estamos xenial.
Por outra banda estamos xa organizando a nosa zona de botas de auga, os que aínda non as trouxéchedes, se pode ser facédeo esta semana, que en breve comezaremos a usalas.
E é que ademais de podernos sorprender unha gran choiva antes de poñer rumbo ao patio... tamén pode que un día no que esté a herba mollada precisemos facer unha saída en busca de caracois (por poñer un exemplo), pero sobre todo, sobre todo... non queremos deixar de gozar do noso hortiño, polo que precisamos ter un calzado axeitado de traballo, para non ter a máis mínima desculpa e non atendelo.
A auga só molla, a terra só mancha un pouquiño pero da moitos froitos!!!!!! E moi pouquiña cousa mancharse polo moitísimo que nos da, e nós queremos "traballar a nosa terriña".


                               E... que podemos facer no outono se saímos a dar un paseíño?

Observar, observar e observar...
Gozar das cores do outono, dos froitos e das súas particularidades...
Expermientar cos sentidos...

Cogumelos, ourizos de castañas, noces, follas das árbores, agulliñas dos pinos... E con todo iso podedes crear a vosa cestiña da estación. Nós estivemos xa recolectando e nun par de días poderedes ver a nosa creación. Se queredes aportar algo, sempre será benvido!!! (follas, froitos de tempada...)
Moitísimas grazas :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario