domingo, 1 de octubre de 2017

EIRUGAS DE BOLBORETA MACAON, CONSEGUIREMOS VER A SÚA COMPLETA TRANSFORMACIÓN?



Xa na primeira semana de curso Vera nos sorprendeu traendo un botiño con dúas eirugas de bolboreta Macaon. Curiosamente, eu, sen saber cal era a tempada axeitada, busquei e busquei no verán no fiuncho a ver se atopaba algunha pero nada.
Como na finca de onde as trouxo había máis, trouxéronnos outras cinco e comidiña para alimentalas (igual que os vermes de seda só comen morera, estas eirugas comen 3 cousiñas nada máis: fiuncho, ruda ou a parte verde das cenorias).
Despois de pasar uns días véndoas (con lupa, sen lupa, tocándoas...), comezaron a transformarse en "pupa". Pero, por algunha razón (supoño referente a temperatura ou humidade) podrecéronse todas menos unha. Agora pasados uns días, estamos moi pendentes para ver se logramos vela xa como unha BOLBORETA MACAON  ou BOLBORETA COLA DE ANDURIÑA.


No hay comentarios:

Publicar un comentario