👀Unha vez máis sorprendid@s cos vosos traballiños para a escola👀
🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾
Aquí podedes ver como Sara gozaba de facer a súa exposición sobre as PEGADAS DOS ANIMAIS DO BOSQUE, ante un público moi atento e desexoso de aprender con ela.
Neste caso Sara apoiou a súa exposición con outros materiais como foron: un tatu de pegada de gato, e uns "fósiles" de pegadas en xeso.
Despois de escoitala e ver como ía montando o taboleiro da exposición a modo de xogo (cunhas fotiños dos animais e as súas pegadas, e outras tarxetiñas cos nomes dos animais en galego e en castelán)... nós aproveitamos a usar o seu tatu de gato. Para iso, buscamos en internet a imaxe dun gato e proxectámola no encerado dixital. Despois de analizar como era... deuxamos cadaquén o noso gato, e logo decoramos o resto do papel con tatus das súas pegadas.
🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾
No hay comentarios:
Publicar un comentario