jueves, 15 de junio de 2017

OS NOSOS PITIÑOS!!!!

Onte, día 14, era o día previsto para que naceran, pero... a natureza non é unha ciencia exacta como as matemáticas, así que... moitos decidiron adiantarse.


Ao chegar o día 13 pola mañá xa naceran 2 pitiños, e outros 2 tiñan picado o cascarón porque estaban xa intentando sair. Como tiñamos que estar sobre as 10 no museo... non nos quedamos a mirar, e ao chegar, xa había 4!!!
Pola tarde a profe foi mirar a última hora e xa había 9, veu nacer a 3 e xa quedaban 12 pitiños rebulindo na incubadora e outro quedaba picando o cascarón. Pola mañá ese que quedaba picando xa nacera. así 12+ 1 :)
E hoxe... haberá algunha sorpresa ao chegar ao cole? Nacería algún máis?
Vos deixamos aquí un vídeo para que os vexades:


No hay comentarios:

Publicar un comentario