miércoles, 8 de noviembre de 2017

DO 1 AO 100 E SEN MEDO NINGÚN A SEGUIR MEDRANDO NUMERICAMENTE

Estes días non vos sorprendades se vos falamos do número 53, do 77 , do 99 ou mesmo do 100.
Se este curso xa comezamos a ampliar o noso mundo numérico coa importancia do referente NÚMERO DE LISTA (nos percheiros, nos paneis de pasar lista...) e xa tiñamos así asegurada unha certa familiaridade cos números do 1 ao 22 alomenos... parecíanos moi pouco quedarnos así, por iso, xa entrou na nosa asamblea un super material ABN que é a TÁBOA DO 100.
Unha táboa con ocos para colocar os 100 números móbiles, darlles a volta, cambialos de lugar... ver as familias dos números... observar as columnas e as filas.

Para estrenar a táboa, e despois de ter colocadas en días anteriores dúas rectas numéricas (tamén do 1 ao 100), unha vertical e outra horizontal (e ir contando oralmente)... a profe creou unha variña dos números. Con ela imos saíndo á táboa e un compañeir@ decide que número quere que busquemos, unha vez localizado lle damos a volta para que ningún outro compañeir@ pida repetir números.
Falando das familias dos números: os vinte, os trinta, os corenta... aprendimos un SUPER TRUCO. Temos que fixarnos inicialmente no número  polo que remata. Así temos unha pista que nos axudará a atopar o número rapidamente.
Por exemplo se o número que nos piden é o 56, como sabemos que remata en 6 imos ao 6  arriba de todo e imos baixando coa variña ata que o atopemos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario