O outro día cremos no chan unha casiña, de momento a cocñecemos como a casitña do 10, pero imos ir vendo como nos vai valer para os números anteriores tamén (aínda que lles sobrarán habitacións).
Varios nen@s collimos 10 tapóns dunha cestiña e o que tiñamos que facer era colocalos repartíndoos en 2 habitacións da casiña (no mesmo piso).
Finalmente, e despois de ter en conta que non podíamos repetir o reparto que fixeran anteriormente os compañeir@s chegamos á ubicación que podedes ver na imaxe, e que ampliaremos cambiando a posición nas habitacións engandindolle outras tantas. ( é o mesmo 3 + 7 que 7+3)
Así puidemos comprobar cales son os AMIGOS DO 10.
1 e 9 fan 10
2 e 8 fan 10
3 e 7 fan 10
4 e 6 fan 10
5 e 5 fan 10
Fixádevos na súa colocación e mirade como para un lado descenden e para o outro ascenden.
Estas parellas numéricas coñecerémolas por NÚMEROS COMPLEMENTARIOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario