lunes, 13 de marzo de 2017

CREANDO O NOSO PROPIO LABORATORIO CON CHISPAS


Chispas hoxe mandoulle un whatsapp á profe no que nos daba a noraboa polo ben que fixeramos o noso primeiro experimento. E nos dicía que como superamos a proba, xa merecíamos o noso carné. Pero, para poder crealo, tiñamos que vestirnos co uniforme de laboratorio e facer a nosa foto oficial para o carné.
Despois de posar ante a cámara... tivemos que facer un segundo experimento, no que os materiais eran cueiros e auga. Sabedes que fixemos? Neveeeeeeee!!! Sí, neve!!!!



A súa textura é xenial, seméllase moitísimo á da neve, aínda que cambia a sensación de frío pola de quente.
Se queredes probar na casa só tedes que desfacer uns cueiros e mollar as boliñas, como por arte de maxia se convertirá en algo moi, moi parecido á neve. Xa nos contaredes!

No hay comentarios:

Publicar un comentario