viernes, 10 de marzo de 2017

COMEZAMOS UN PROXECTO CIENTÍFICO

Hoxe recibimos a carta dun vello científico chamado Chispas  que nos propuxo traballar con el no seu laboratorio.
Pero para iso, tiñamos que ter o noso carné científico (que non temos), e para conseguilo superar unha pequena proba.
O primeiro que tiñamos que facer era falar sobre o que nós críamos que era iso de ser científico, e aínda que non nos achegamos moito... sí que falamos algo sobre que os científicos fan pócimas... será verdade iso? Teremos que investigalo!
Por outra banda o científico nos dixo que tiñamos que facer un experimento cun globo e papeliños. Unha vez feito, falamos sobre a electricidade estática.
A profe ata se puxo a bata branca e unhas gafas de facer experimentos!!! (teremos tamén nós un uniforme parecido? quen sabe!)
Por suposto que superamos a proba, e en breve chegarán os nosos carnés científicos.


Na carta nos poñía tamén que máis adiante nos ía a propoñer máis cousiñas... estaremos atent@s!!!

Ah!!! e esquecímonos de levar para casa os nosos globos, a ver como están o luns!!! Aproveitaremos para falar do aire e o que pasa nos globos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario