viernes, 10 de marzo de 2017

O NOSO BEBÉ VIAXEIRO

Comeza hoxe as súas primeiras vacacións na casa dunha das nosas abelliñas.
Hoxe Sara levou á súa casa un bebé coa súa maletiña,  a mochiliña para portealo, roupiña, un biberón...e tamén a súa axenda.
Na axenda nos explicará o ben que coidou ao bebé a través de fotos e pequenos textos explicativos da súa familia. E o luns, cando nos traia outro vez o bebé ao cole, xa nos contará que fixeron esta fin de semana, que tal se portou o bebé, e que nome lle puxo.
O luns outra abelliña se levará o bebé ata o xoves, e o venres outra abelliña ata o seguinte luns. Así ata que o bebé pase por tódalas nosas casas. O calendario está moi xusto, por iso é fundamental que respectemos as datas de devolucións, pois rematamos esta actividade a mediados de xuño, e o calendario de viaxes xa está prefixado na axenda do bebé.

Estamos tod@s desexando levalo para as nosas casas!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario