jueves, 9 de marzo de 2017

XOGO SIMBÓLICO E TEAS


En setembro cando a profe mandou traer teas ao cole non tiña unha única finalidade pensada, todo quedaba nas nosas mans.
É un material estupendo para que o utilicemos no xogo simbólico, e con simplemente ter alí algunhas teas, nós decidimos se queremos utilizalas para algo ou non, e en que as queremos converter.
Moitos días xogamos con elas a que son capas e colocámolas como tal, outras veces fan de cortinas, pero hoxe nos demos conta de que tamén podían servir para facer un manteliño de picnic. Claro que sí!
Que ben se pasa cando xogamos  simbolicamente COMO SI FOSEMOS... de compra ao super, mamis e papis, perruqueir@s, médic@s, cociñeir@s...

No hay comentarios:

Publicar un comentario