miércoles, 15 de febrero de 2017

ESPAZOS E NOMES PROPIOS

Paréceme fundamental para sentirse cómodo nun sitio no que hai que compartir o espazo con outras 23 persoiñas, que cada un teña alomenos un espazo propio.
Dende principio de curso xa tiveron algúns: os percheiros onde colgan a súa roupa; as gavetas onde gardan os seus traballiños e tamén un lugar determinado para sentarse nas mesas.
Os percheiros e as gavetas mantémolas como lugar propio, pero o das mesas cambiámolo.
Agora na aula hai 4 equipos: 
- AMARELO
- VERDE
- ROSA
- AZUL

Estes equipos correspondense co reparto inicial de gavetas que fixen en setembro, e de acordo as cores que tiñan as caixiñas onde gardan os traballos, así quedaron os grupos.
Non quere dicir isto que vaian a estar sempre xuntos neses equipos, nin que se teñan que sentar cos do seu equipo... Non!!!! Todo o contrario, deben cambiar de sitio, falar con tódolos compañeiros, compartir xogos cuns nen@s, merendas con outr@s... e así interrelacionarse entre eles pero sen facer "piña" só con un ou dous nen@s. Somos un equipo " o das abelliñas", e os equipos de cores nos serven para sentir "pertenza" a outro sub-grupo, para aprender a colaborar cando haxa unha actividade por equipos; pero sobre todo para a hora  de ordear materiais, e de vestirnos para sair, coller mochilas... así que poderíase dicir que ten un papel organizativo.

Cada nen@ ten unha pulseira propia, co seu nome e a cor do seu equipo, que o identificará dentro da aula. A rutina de coller cada un a súa pulseira fará que pouco a pouco vaian recoñecendo e lendo os nomes de tódolos compañeir@s. Así mesmo, hai que gardalas cada día nun lugar determinado... polo que é outra rutina básica de orde dentro da aula.



Ademais, creamos outro lugar propio, que estará dentro do "ambiente de letras" e que é unha caixiña organizadora na que cada un ten "O SEU PROPIO TATU". Con estes tatus poderán asinar traballos, utilizalos como base se precisan copiar o nome, xogar a tatuar os nomes dos compañeiros e compañeiras... e así pouco a pouco avanzar no que a lectoescritura se refire.


No hay comentarios:

Publicar un comentario