viernes, 3 de noviembre de 2017
OS NOSOS BUZÓNS PARA MENSAXES
Queremos meternos de cheo no mundo da lectoescrita, e para iso, que mellor que facelo a través dunha actividade tan motivadora como mandar cartiñas aos amig@s! Non credes?
Pois iso, levamos uns días que temos xa o noso propio sistema de correo postal (sen precisar selo, nin sobre, e tampouco sair da nosa clase). Nunha das portas da entrada puxemos un organizador de calzado con 24 ocos. (22 para nós, os peques, un para a profe, e outro queda libre).
Eses ocos son os nosos buzóns, cada un de nós fixemos un debuxo personalizando así o noso espazo e puxémoslle o nome, pero ademais ten o noso número de lista (ese que neste curso ten tanta importancia na aula, para que coñezamos alomenos todos os números ata o 22 dun xeito moi doado).
Así, cada un, xa sea no recanto de letras, ou nun momento dado na mesa, ou donde nos apeteza, podemos escribirlle unha carta a un amig@ e botala no seu buzón. Podemos facer un debuxo, escribir algunha palabra... pero sempre, sempre, sempre temos que poñer o remite e a quen vai dirixida. Así aprenderemos pouco a pouco a escribir o nome dos nosos compañeiros.
Xa os identificamos moi ben, e cando nos toca ser do equipo de repartir a auga nas merendas, temos que ler os seus nomes nos vasos para poder darlle a cadaquén o seu.
Así, pasiño a pasiño, chegaremos a escribir e ler dun xeito moi significativo, e non nos daremos nin conta do xeito en que estamos a aprender. Non se baseará na repetición, senón en ir interiorizando conceptos, letras, números... a medida que os imos precisando na nosa vida cotiá.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario