miércoles, 8 de marzo de 2017

COÑECESME NAS FOTOS? SABES CAL É O MEU NOME?

Hoxe estivemos poñendo a proba que nomes coñecemos dos compañeiros e compañeiras da nosa clase.
Nunha ficha cos nomes de tódolos ne@s da clase das abelliñas, e fotos de cada un  de nós colocadas en pratiños... o que facíamos era mirar a ver se recoñecíamos algún, buscar a foto e pegarlla ao lado; ou senón coller unha foto e con algunha pista (empeza coa mesma letra que..., ten só 3 letras...) buscar o seu nome.
Por suposto o primeiro que atopábamos era o noso!!!


Algúns fixemos pouquiños, outros moitas... cada un ao seu ritmo, pero pouco a pouco incorporando novos coñecementos do mundo das letras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario