jueves, 6 de abril de 2017

SERGIO: O NOSO PRIMEIRO EXPERTO

Xa nos deu a súa "conferencia" na que aprendimos unha morea de cousas.
Presentounos un EXPERIMENTO CON AGUACATE. O mesmo que nas tarefas de plantación do horto, teremos que ser pacientes para lograr ver os resultados.
Despois de que Sergio nos fose explicando o traballiño que fixo coa súa familia na casa,  coa VARIÑA MÁXICA DE EXPERTO EN FLORES E PLANTAS, fixemos o experimento propiamente dito, consistente en ver a reproducción dunha semente de aguacate. Para iso, puxémola sobre un vaso de auga, sostida con paliños, e tocando na auga só a súa parte inferior, pola que lle terán que saír raíces. Conseguirémolo?
Haberá que esperar alomenos 8 semaniñas para comezar a ver as raíces... aguantaremos tanto? Claro que sí!!!!
A ver que pasa!





Fíxoo xenial! Bravo Sergio!

No hay comentarios:

Publicar un comentario