viernes, 17 de febrero de 2017

O 14 DE FEBREIRO... DÍA DOS NAMORADOS

Falamos un pouquiño sobre o que os peques cren que é iso do amor, e poderíamos resumir os seus pensamentos en:
"BESITOS, ABRAZOS, QUERERSE MUCHO..." (Non van nada desencamiñados, non?)

Pero para aproveitar a celebración... decidimos facer unha actividade con tatus de corazóns e con outros dos seus nomes.
Son un tatus caseiros que igual que os fixen eu (veredes que me encanta reciclar e facer os meus propios materiais, sempre que sexa posible) os poderíades facer vós na casa coa temática que quixérades.
O único que precisades é: algún tapón ou corcho (para agarrar o tatu), un anaquiño de goma eva, e un cartón  (para facelo máis forte), un lapis para facer o debusxo ou texto que queirades e unha pistola de silicona ou pegamento forte.

Tamén fixemos un rapidísimo photocall amoroso co que lembraremos o día cun libriño de fotos que estará na nosa biblioteca de aula (así poderemos ver as fotos unha e outra vez).






No hay comentarios:

Publicar un comentario