viernes, 17 de febrero de 2017

ZAPATILLAS AO COLE, POR QUÉ NON?

Pois claro que sí. Por qué non poñer zapatillas de casa no cole, cando queremos que sexa un lugar cómodo, cálido e achegado ao fogar para os peques? Por qué non poñelas cando nos pasamos 5 horas no cole? Por qué non poñelas cando a metade do tempo estaremos polo chan e as botas e zapatos nos acabarán molestando?
O caso é que onte estrearon as zapatillas e despois do recreo (que xa as tiñamos sacadas, claro) moitos entraron na clase e xa foron directos a poñelas outra vez. É que é unha verdadeira comodidade.
Xa sabemos que aínda que é bastante sinxelo se traemos calzado con velcro (se o traemos con cordóns faise máis difícil) as veces a algún compañeiro ou compañeira, ou a nós mesmos, nos pode resultar máis difícil, pero se nos axudamos, seguro, seguro que o conseguiremos.


Aínda que o primeiro día houbo un par de despistes DEREITA-ESQUERDA (o máis normal do mundo) , a actividade resultou xenial. Cambiáronse super rápido tanto para poñelas como para sacalas.
Utilizaremos un truquiño, se é preciso, que xa vos ensinaremos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario