sábado, 18 de marzo de 2017

OS 4 ANIÑOS DE VERA FESTEXADOS AO ESTILO MONTESSORI

Como xa é agora tradición na nosa aula, facemos a "celebración da vida estilo Montessori".
Aquí, podedes ver como Vera gozou do seu protagonismo vendo fotos de cando ela tiña 1, 2 e 3 aniños. E como ía dando voltas como a Terra arredor do Sol ata chegar ao 18 de marzo, data do seu aniversario. Cada vez que daba unha volta Vera cumpría un ano, e nós víamos a foto anterior correspondente (1, 2 e 3 anos).


O noso tapetiño das estacións e dos meses xa o coñecemos moito mellor, e xa nos imos ubicando no ano, aínda que é os conceptos temporais son moi difíciles de adquirir tan pequeniñ@s.

No hay comentarios:

Publicar un comentario