jueves, 27 de abril de 2017

NECESITAMOS RELAX

Isto de que viñesen tantos días bos, de que xa algúns fósemos á praia, ao lago, moitos días seguidos ao parque... tenos xa en medio "MODO VACACIÓNS" e estamos bastante nerviosos, pero a profe ás veces consegue calmarnos tanto que a algúns hoxe nos faltou ben pouquiño para quedar durmidos na relaxación.

Mirade:
O primeiro que fixemos foi escurecer a clase (por iso víchedes que tiñamos todas as persianas pechadas a mediodía), despois xa tumbados cara arriba, puxemos a bóla de discoteca con luces de cores e unha música relaxante. Pechamos os ollos e as profes nos ían facendo masaxiños coas pelotas, facendo círculos por todo o corpo mentres nós estabamos cos ollos pechados. Despois foron a raíña da colmea e dous axudantes os encargados de facer as masaxes.

Logo fixemos unha simulación de ducharnos: masaxeando a cabeza, facendo coma se nos enxabonásemos todo o corpo (parándonos nunhas e outras zonas, pouco a pouco), logo simulamos coller a toalla para secarnos e xa levantados estivemos un ratiño sen facer nada.

De cando en vez son moi necesarias estas actividades de relaxación. Mirade que cariñas de sono:



Probade na casa a facer unha sesión de RELAXACIÓN EN FAMILIA, non vos arrepentiredes!
Con una pelotiña de goma brandiña e con só facer movementos circulares veredes como conseguides relaxarvos un montón. Se non tedes pelota o podedes facer con globos (mellor con 2 á vez).
Xa nos contaredes que tal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario