Todos relacionados coa temática dos bosques, pero ningún repetindo contidos (si acaso un pequeno dato podía coincidir con outra das charlas, pero polo xeral é incrible ver como cun mesmo tema cada un pode preparar unha información tan diferente).
Mirade:
viernes, 22 de diciembre de 2017
XA NON HAI NINGUÉN NO CLUBE DOS 3 ANOS!!! DIEGO XA TEN 4 ANIÑOS!!!!
Aquí podedes ver como o peque chef Diego nos fixo unha super merenda con só 5 ingredintes (masa de hoxaldre, nutella, ovo batido, lacasitos, azucre glas e canela moida mesturados).
A MALETA DE EYNON
Veu cargada de contido: un contiño que lle gusta que lle lea seu papi pola noite, un cabalo porque o seu avó ten un, un muíño porque o seu papá traballa nos eólicos, unha foto de papá e mamá...
miércoles, 29 de noviembre de 2017
UN NOVO XOGO MATEMÁTICO DE ABN
Co que imos mellorando o noso coñecemento da recta numérica e da táboa do 100.
Con este xogo traballamos os conceptos de ANTERIOR e POSTERIOR.
Como podedes ver é super doado de elaboralo, así que... animádevos a facelo na casa, vale? e logo xa nos contades.
Con este xogo traballamos os conceptos de ANTERIOR e POSTERIOR.
Como podedes ver é super doado de elaboralo, así que... animádevos a facelo na casa, vale? e logo xa nos contades.
DIEGO EXPERTO EN BOSQUES
E sobre todo, sobre todo, no lugar onde viven os animais nos bosques.
Agora xa coñecemos os buratiños onde viven os ourizos e as toupas... os niños dos paxaros, as madrigueiras dos esquíos. Seguro que en canto demos un paseíño por un bosque e vexamos un buratiño nos imaxeinaremos quen pode vivir alí.

SERGIO: EXPERTO EN BOSQUES
E en prados, hortas... Non nos cabe ningunha dúbida de que sabe como se chama cada trociño verde da natureza.
Onde se prantas os nabos chámase nabal... sabíadelo? Pois nós agora sí, porque de cada experto aprendemos cousiñas. Porque entre todos TODO É MOITO MÁIS!!!!
Onde se prantas os nabos chámase nabal... sabíadelo? Pois nós agora sí, porque de cada experto aprendemos cousiñas. Porque entre todos TODO É MOITO MÁIS!!!!
OS CUMPREAÑEIROS REPOSTEIROS
En novembro tiñamos unha cita reposteria con Fran e Clara que neste mes cumpriron 4 aniños.
Desta vez a merenda a compartir foi unha rica torta de chocolate e galletas que fixeron nun plis plas, logo un pouquiño de refrixeración... e pa dentro!!! pero fixádevos ben, que se os pratos e as culleres manchamos... logo toca fregotear!!! Nada nos gusta máis que facer a limpeza da aula, e ir aos lavabos a lavar cousiñas, iso sí, á volta vimos un pouquiño duchados ás veces, porque os grifos teñen moita forza :-)
Sobra dicir que non deixamos nin a mostra, estaba boísima!!!!

A MALETA DE OLIVIA
Veu cargadiña tamén!
Trouxo dous xoguetes que lle encantan (un unicornio e unha Peppa Pig que presenta á súa familia), un rato de ordenador para falarnos do traballo so seu papi, unha cremiña para falarnos so traballo da súa nai, e unha cenoria para contar o secreto de que lle gustan moito crúas.
Mirade que ben no-lo explicou:

DESPOIS DE MOITO CORRETEAR NO PATIO...
Toca dicirlle ao corpo que baixe as revolucións, e que dentro da aula precisamos estar máis calmados. Así que... corpo e mente teñen que voltar ao seu estado natural, e para iso... uns minutiños de MINSFULNESS INFANTIL.
Pouco a pouco imos traballando pequenas técnicas para ser CONSCIENTES DE NÓS MESMOS POR DENTRO ( escoitar a nosa respiración, notar os latidos, tentar escoitar só o silencio...)
domingo, 26 de noviembre de 2017
1, 2, 3......................................... 123
Agora sí que sí. Despois de facer moitísimas clasificacións de tapóns para conseguir equipos ou pandillas de 10... ao fin puidemos crear a nosa táboa do 100 en parellas:
Que vos parece? Xenial, verdade? POis xa sabedes nada de tirar nada.
MINDFULNESS: APRENDENDO A RESPIRAR CONSCIENTEMENTE. OS LATIDOS DO CORAZÓN
Despois de descubrir que contiña a caixiña (folios de cores) comezamos a nosa iniciación ao mindfulness. pechamos os ollos, achegamos as nosas mans no corazón e tentamos seguir as nosas palpitacións.
ADRIÁN: EXPERTO EN BOSQUES
Se quixerades saber algo máis sobre as aves do bosque e a súa alimentación, non teríades máis que chamar a Adrián que gstosamente vos contaría cousiñas sobre a alimentación das curuxas, aguias coelleiras, perdices, parrulos, xílgaros...
miércoles, 22 de noviembre de 2017
ESCOLA DE FAMILIAS
En decembro teremos o segundo obradoiro da nosa ESCOLA DE FAMILIAS.
Nela contaremos coa axuda de Paula, a nosa profe de Audición e Linguaxe do cole, e falaremos da estimulación da linguaxe infantil. Sería convinte que viñerades cantas máis familias mellor, pero sobre todo as que sabedes que nós (os peques) temos algunha dificultade na nosa pronunciación.
Así que... xa sabedes, aquí vos deixamos a data para que non fagades outro plan para ese día (se é posible).

CANTO MEDIDES?
Nós aproveitando que estes días temos na clase a maleta de Sergio, e que nela ven unha cinta métrica de costura... quixemos sacarlle partido e estivemos medíndonos e traballando cos nosos centímetros.
Así, ademais de facer unha tarxetiña na que puxemos o que medimos, a acompañamos cunha lá (que de non ser pola diferencia de estar máis ou menos tensa) debería de medir O MESMO que nós. Por iso, se medimos 115 cms. levaremos 115 cms. de lá, e se medimos 100 cms, pois levamos 100 cms. de lá.
Que vos parece?

A MALETA DE SERGIO
Veu motorizada!!!! 🚕 🚚...
Desde un camión, pasando por un quad, unha moto de cross... case todo sobre rodas!!! Iso sí, acompañado dunhas fotos nas que se ve que dende xa a Sergio lle gusta o mundo do motor e as rodas :)
Tamén nos contou un conto... e o máis pequeniño que viña na caixa nos serviu para traballar unha morea de conceptos, e saber un pouquiño máis sobre nós, as abelliñas.
Queredes saber que é? Mirade a maleta e fixádevos nalgo que ten moitísimos números, védelo?

FRAN: EXPERTO EN BOSQUES
Concretamente o noso compi Fran falounos dos habitantes das fragas. Cun traballiño chulísimo que tamén se pode utilizar a modo de xogo (pois están os nomes dos animais e uns velcros para pegar e despegar as imaxes dos mesmos) nos falou dunha morea de animais.
Mirade atentamente para non perder detalle:
Se tedes algunha dúbida respecto aos habitantes das fragas... xa sabedes, pregúntadelle ao noso experto :-)
Mirade atentamente para non perder detalle:
Se tedes algunha dúbida respecto aos habitantes das fragas... xa sabedes, pregúntadelle ao noso experto :-)
domingo, 19 de noviembre de 2017
ÁS VECES O SILENCIO É SUPER IMPORTANTE
En realidade moitas veces, pero o certo é que cada un ten certas necesidades de comunicarse, expresarse... e sendo 23 na clase querendo contar algo, sempre hai certo barullo.
Por iso, aproveitamos a facer unha proba: O XOGO DO SILENCIO. Nesta ocasión utilizamos botellas sensoriais (que son moi doadas de facer e as podedes utilizar na casa se vos apetece. Trátase só de meter dentro da botella auga, glicerina ou champú, e algún obsexcto pequeno que se poda mover ao tempo que se axita a botella). Fixemos 3 probas, cada unha cuncha botella sensorial diferente, e as 3 veces resultaron un éxito.
Como se xoga?
Unha persoa (neste caso a profe) axita a botella e a move suavemente un momentiño... nestes intres o seu contenido estaráse movendo (purpurina, botóns, pompóns...) entón os xogadores permanecen en silencio, cando o contido das botellas queda fixo, entón tod@s facemos aínda en silencio unha consigna (poñer as mans na cabeza, tocar a punta do nariz, mover os ombreiros arriba e abaixo...)
Así de hipnotizados quedamos mirando as botelliñas.
Quen se anima a facer unha botelliña sensorial? E o xogo do silencio? Un pouquiño de iniación ao MINDFULNESS?

Premede no cuadriño da dereita para ver o vídeo en pantalla completa, e como xa sabedes, se premedes en cada imaxe as poderedes ver ampliadas.
Quen se anima a facer unha botelliña sensorial? E o xogo do silencio? Un pouquiño de iniación ao MINDFULNESS?
A NOSA DIANA DOS NÚMEROS: LANZAMENTO DE POMPÓNS
O outro día improvisamos un xogo co que o pasamos super ben. É un xogo de puntería numérica. Puxémonos en ringleira para respetar a quenda de xogo e fomos lanzando pompóns a un forro de pegar que pegamos dende o alto na clase.
Así íamos lanzando e si conseguíamos que se pegara o pompón nun número tiñamos que dicir cal era ese número.
Así íamos lanzando e si conseguíamos que se pegara o pompón nun número tiñamos que dicir cal era ese número.
DEBUXOS A PARTIRES DE OBXECTOS REAIS
O venres dous equipos comezaron a facer unha actividade de debuxo/pintura con obsectos reais. Neste caso era unha gran cabaza e dúas pequenas cestiñas, formando un bodegón.Os obxectos respecto de cada nen@ estaban colocados de distinto xeito, adeamis da perspectiva. Así, ao final nos atopamos con que houbo nenos que só pintaron unha das cestas, ou que a puxeron diante da cabaza e non ao lado, pois segundo a posición de cada un, os obxectos a debuxar presentaban distintas caracterísiticas.
sábado, 18 de noviembre de 2017
SOMOS A ECOPATRULLA!!!
Gústanos coidar a nosa contorna, reciclar, darlle segundas oportunidades aos materiais e por todo iso... compostamos, reciclamos, e limpamos:
De paso que saímos ao patio... aproveitamos a darlle unha voltiña á limpeza do mesmo, e a levar os restos orgánicos da nosa merenda para o horto.
De paso que saímos ao patio... aproveitamos a darlle unha voltiña á limpeza do mesmo, e a levar os restos orgánicos da nosa merenda para o horto.
viernes, 17 de noviembre de 2017
34, 89, 65... O MESMO NÓS DA. XA OS SABEMOS REPRESENTANDO TENDO EN CONTA AS DECENAS E AS UNIDADES.
Como podedes ver non se nos resiste ningún, sabemos o truco. miramos se hai un número só (só unidades = paliños soltos), se hai dous números (o primeiro nos indica as decenas - paquetiños de 10 paliños- e o segundo nos indica as unidades).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)