domingo, 19 de noviembre de 2017

ÁS VECES O SILENCIO É SUPER IMPORTANTE

En realidade moitas veces, pero o certo é que cada un ten certas necesidades de comunicarse, expresarse... e sendo 23 na clase querendo contar algo, sempre hai certo barullo.
Por iso, aproveitamos a facer unha proba: O XOGO DO SILENCIO. Nesta ocasión utilizamos botellas sensoriais (que son moi doadas de facer e as podedes utilizar na casa se vos apetece. Trátase só de meter dentro da botella auga, glicerina ou champú, e algún obsexcto pequeno que se poda mover ao tempo que se axita a botella). Fixemos 3 probas, cada unha cuncha botella sensorial diferente, e as 3 veces resultaron un éxito.
Como se xoga?
Unha persoa (neste caso a profe) axita a botella e a move suavemente un momentiño... nestes intres o seu contenido estaráse movendo (purpurina, botóns, pompóns...) entón os xogadores permanecen en silencio, cando o contido das botellas queda fixo, entón tod@s facemos aínda en silencio unha consigna (poñer as mans na cabeza, tocar a punta do nariz, mover os ombreiros arriba e abaixo...)


Así de hipnotizados quedamos mirando as botelliñas.



Premede no cuadriño da dereita para ver o vídeo en pantalla completa, e como xa sabedes, se premedes en cada imaxe as poderedes ver ampliadas.


Quen se anima a facer unha botelliña sensorial? E o xogo do silencio? Un pouquiño de iniación ao MINDFULNESS?

No hay comentarios:

Publicar un comentario