jueves, 15 de junio de 2017

SE FAI CALOR... POIS SAÍMOS A AIREARNOS!!!

E aproveitando que no patio temos unha zona natural... que poderíamos facer? Pois isto, por exemplo:


Colocamos unhas cartolinas nun cordel entre 3 árbores e ale, a crear cada un a súa obriña!!!! E cun cartón xigante fixemos un cadro colectivo moi colorido.

Pareceravos que ao mellor só se trata de pintar, pero poder ser que ese sexa só un máis dos obxectivos.
Con esta actividade sobre todo traballamos en equipo, compartimos materiais (mirade como están todos xuntos os pinceis e pinturas e hai que respectar a quenda), cada un ten o seu espazo (unha cartolina) ten que controlar de cal se trata, cal é a súa ubicación, non interferir nas obras dos demais... e no cartón, pois o mesmo, comezamos pintando en grupos de 4, logo xa nos fomos mesturando como quixemos, e fomos creando tendo en conta de non estropear o que fixeron os nosos compis.
O vento movíanos as cartolinas así que había que buscarse a vida para poder pintar sen que o vento nos estampase a pintura na cara, e asinar os cadros nesa posición... é un pouquiño dificil tamén!!! Pero se experimentamos dámonos conta de que TODO É POSIBLE. O ÚNICO IMPOSIBLE É O QUE NON SE INTENTA,  e nós intentamos todo, todiño por nós mesm@s.
E outra das cousas que facemos con este tipo de actividade é darnos conta de que non todo se ciñe a un folio ou cartolina nunha mesa, que podemos crear de moitos xeitos,  mañá se temos tempo ensinarémosvos outro moi curioso. Xa veredes!!!

Que vos pareceu esta actividade? Non credes que é divertido? Non vos apetecería facelo no voso xardín ou no patio do voso cole se sodes profes?

A ver quen se anima a comentar!!! 3, 2, 1 tempo... podedes comezar :)


7 comentarios:

  1. Tes unhas ideas xeniais!! Encántame o tendal. É importantísimo aproveitar o bo tempo e os recursos dos que dispoñemos para facer actividades tan divertidas.

    Noraboa por experiencias!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Oliva, ti tamén quedas convidada a voltar por aquí cando queiras, xa o sabes. Temos que facer algo cuntas para o curso que ven. Imos ir pensando... :)

      Eliminar
  2. Alucino con todas as cousas que fas, Bea! Que ben o pasades e canto aprendedes!
    Biquiños.

    ResponderEliminar
  3. Grazas Ángeles!
    Improvisamos moitas cousas sobre a marcha en función do que acontece cada día, das posibilidades ou necesidades climáticas, e sobre todo en función dos nosos propios intereses en busca de novas oportunidades de aprendizaxe.
    :)

    ResponderEliminar
  4. Ah! E por certo... se un día (seguro que son moitos) se che apetece voltar á aula, convidámoste a vir á nosa cando queiras, eh! De seguro que poderemos facer algo chuli.
    Aquí queda a nosa proposta, esperámoste Ángeles!!! :)

    ResponderEliminar
  5. Gracias Bea! Que sorte teñen eses nenos e nenas contigo!

    ResponderEliminar