jueves, 15 de junio de 2017

DESPEDIDA DOS PITIÑOS

Hoxe os pitiños marcharon da nosa clase, pero estarán moi ben nunha granxa dunha parroquia de aquí das Pontes. Alí iremos de visita á volta das vacacións de verán, e aproveitaremos para ver cómo medraron e en que se convertiron.
Dende a Asociación AVIMÓS que foron os que nos emprestaron a incubadora cos ovos, hoxe tamén nos deron unha formación a modo de charla na que puidemos ver tamén aos papás dos pitiños "MAMÁ GALIÑA e PAPÁ GALO" de Mos, por suposto.
Con eles aprendimos moitas cousiñas, por iso dende aquí lles queremos dar as grazas.
Ademais como queríamos compartir co resto a nosa alegría de tantos pitiños que naceron (13 nin máis nin menos) convidamos a tódalas clases do cole, e na nosa clase nos xuntamos para escoitar a charla, e despois coller aos pitiños, e ver de preto á galiña e ó galo.






Vaia experiencia!!!! O certo é que máis de un se preocupou moito polos pitiños e quedou triste de saber que xa se ían, pero para compensar a pena, cadaquén levou o seu mini pitiño de xoguete para coidalo, e ata lle puxeron nome :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario