martes, 4 de abril de 2017

IMOS TRAENDO AS PRIMEIRAS COUSIÑAS PARA O NOSO PROXECTO DAS FLORES E PLANTAS

Sara nos trouxo o conto dunha semente, onte Vera nos trouxera xa unha plantiña (Ornithogalum. Hai máis de 180 especies. Cal será a que temos nós? Esperaremos a vela medrar), e hoxe Zeltia veu cargadiña de plantas en macetiñas (temos fresas e unha morea de plantas aromáticas).
Así que... ademais de fixarnos no diferentes ou parecidas que poden ser (forma das follas, por exemplo) nos detivemos nos seus olores (tomiño, albahaca, ourego, perexil...)


Mañá iremos a plantar ao horto exterior e seguiremos aprendendo cousiñas, hoxe quedámonos con que necesitan a luz do Sol, terra e auga.
E tamén con que hai algúns animais que se nutren tamén da terra, coma unha visitante lombriz que saiu hoxe ao exterior da plantiña que trouxera Vera. Fixádevos na foto!

No hay comentarios:

Publicar un comentario