viernes, 29 de septiembre de 2017

ESCOLA DE FAMILIAS, PRIMEIRO OBRADOIRO DO CURSO: PORTABOCATAS DE TEA

A pesar de levar xa unhas semaniñas de curso e non ter actualizado nada (advirto que este ano a actualiación é imposible que a faga a diario)... sí que fixemos moitas cousiñas xa na aula, que vos iremos ensinando ao longo desta fin de semana.
Pero agora, comezarei polo final, e ensinaremos de que xeito estrenamos onte a nosa ESCOLA DE FAMILIAS. Comezamos a facer uns portabocatas de tea plastificada, cos que os bocatas, galletas... poderán vir ben gardadiños dentro dunha servilleta, e evitaremos traer o papel de aluminio, film transparente...

Non teñades nunca medo de vir á ESCOLA DE FAMILIAS, chamámoslle así porque estades tod@s convidados. Pode vir unha avoa, un pai, unha nai, un avó, a madriña, o padriño, a tía, o tío... só hai que ter gañas de vir a pasar unha tarde a "traballar" nalgún proxecto do cole. Haberá moi distintas sesións, algunhas serán cos nenos tamén, pero outras máis específicas para adultos. E aínda que nos pareza que non debemos ir porque non sabemos facer isto ou aquilo... sempre teremos algo que aportar. Son sesións de aprendizaxe grupal, de convertirnos ás veces en pequenos para ver cos seus ollos e dende as súas pequenas cadeiras que se coce ao seu redor, cal é o ambiente no que están polas mañás, como funciona a súa clase... e de seguro que saber que ides vir pola tarde ao cole a facer algo para eles (neste caso coser os seus portabocatas) é unha idea que lles entusiasmará.


O PROXECTO MEDIOAMBIENTAL:
O mes que ven nos chegará unha mensaxe nunha botella (sí, sí, unha botella de verdade e unha mensaxe de verdade). Chegaranos a través dunha empresa de mensaxería desde outro cole, pois dita botella está facendo unha ruta por diversos colexios de España. Na nosa clase metímonos de cheo con gañas de entrar neste proxecto a finais do curso pasado e agora está a piques de chegar o momento.
Trátase dun proxecto medioambiental, de tentar salvagardar o noso planeta e os nosos océanos con pequenas mostras diarias. No noso caso as dúas consignas iniciais para este proxecto son:
- ELIMINAREAMOS O PAPEL DE ALUMINIO E FILM TRANSPARENTE utilizando portabocatas de tea, e bolsiñas tamén de tea para as nosas merendas.
- FAREMOS PATRULLAS DE LIMPEZA concienciándonos da importancia de botar os residuos nos contenedores e separar de forma axeitada. Así mesmo, nós temos ademais de "contenedores e papeleiras distintas para papel, plástico e orgánico"... un caldeiriño especial para os días que comemos a media mañá froita, pois os restos os levamos despois ao composteiro do noso horto.
Estas premisas son as que teremos que esccribir na nosa botella e enviala para outro cole da ruta do Cantábrico que nos designen.

Con estas dúas ideas iniciais que traballaremos sempre ao longo do curso, e a vosa axuda nas casas, reciclando, facendo composteiros se tedes unha hortiña ou xardín... utilizando bolsas de tea en lugar de plástico... seguro que o noso pequeno gran de area se vai convertindo nunha pequena montaña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario