jueves, 22 de junio de 2017

DÍA DA NOSA "FESTA DA AUGA" E XERRA DE AUGA FRÍA AO SAÍR DO COLE DE PARTE DA CONSELLERÍA

A entrada da festa da auga deixareina para mañá ou para pasado, ou ao mellor dentro dun rato se me apetece subir as fotos e xa o fago, pero agora voume desafogar un pouco, porque o necesito:


Hoxe falo como profe, como nai e como veciña da vila das Pontes.
NON HAI DEREITO!!!!
Pódense tomar determinadas decisións, dar argumentos, consensuar opcións... pero facer o que hoxe fixo ante nós a Consellería poñendo neste caso a cara a Inspección de zona non é o xeito, non son as formas e tampouco é o momento.
Que sentido ten pechar o colexio con máis alumnado das Pontes?
Que sentido ten pechar un cole que conta cunha biblioteca PLAMBE, unha Aula de Medio Ambiente dende hai 25 anos, unhas instalacións axeitadas aos cursos ofertados, e un profesorado implicado nos proxectos de centro unanimemente?
Que sentido ten?
Tocounos!!! 
Pero esta nova que se soubo oficialmente hoxe ás 14:00 da tarde (e que 20 minutos máis tarde xa estaba na prensa), que nos colleu a tod@s por sorpresa... rapidamente tivo a súa repercusión nas redes, nos grupos de wasap. Isto fixo que ás 17:00 da tarde na asamblea convocada para os socios da ANPA do cole (pero aberta a todo o mundo hoxe con motivo máis que xustificado) nos xuntásemos unha morea de familias, profesorado e alumnado implicado no peche do cole.
Dende aquí, este meu pequeniño espazo virtual, quero dar as grazas no meu nome e do profesorado do centro, a toda a xente que hoxe se uniu en masa e que despois dunha horiña e pico de diálogo, rapidamente se puxo a buscar opcións, dar ideas... e comezou o TRABALLO EN EQUIPO. Pero que ninguén se desperdigue que nos precisamos uns aos outros, PARA LOITAR XUNTOS.
Temos dous plans de concentración para mañá aos que non pode faltar ninguén, unhas pancartas feitas por nen@s e adultos, e temos que seguir ata o final. Isto só é o principio! 




A ILUSIÓN DA MAÑÁ  E A DECEPCIÓN E IMPOTENCIA UNHAS HORAS DESPOIS.

Por se non o dixen antes... NON HAI DEREITO!!!!
Temos dereito a ELIXIR, a escoller onde queremos que estuden os nosos pequenos e non queremos que nos TOMEN O PELO facéndonos este "atraco a man armada", esta puñalada a unhas horas de que os peques rematen o seu curso escolar, pode que o seu último curso no cole, pode que o seu último curso co nome deste cole... o caso é que ninguén nos preguntou, ningúen nos avisou aos que fixemos a matrícula para este curso, nin tampouco ao resto... e AO FINAL SEMPRE PANDAN OS MESMOS.

POR FAVOR QUE NINGUÉN ABANDONE O BARCO ANTES DE CHEGAR AO PORTO!!!


Estou pensando en alto pero síntome INDIGNADA e ENGANADA. 

7 comentarios:

  1. Estamos todos juntos para luchar por nuestro cole.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Bea por escribir e amosar o sentimento que hoxe nos movemos a todos: a indignación e a rabia. Estou contigo. Non hai dereito.Agora tócanos loitar!

    ResponderEliminar
  3. Mañana que no falte nadie. Padres, madres, niñ@s, abuel@s, tí@s, vecin@s... todos a la calle!!!

    ResponderEliminar
  4. Reflexa perfectamente o sentemento de todos e todas nós.Coincido en todo o que expresas. Sigo sentíndome noqueada. Grazas Bea por expresalo así. A min non me saen nen as palabras. Ata o final todos unidos.

    ResponderEliminar
  5. Muy bien Bea!! Asi estamos todos indignidados y engañados...
    Todos unidos a luchar por nuestro cole!!!

    ResponderEliminar
  6. https://www.change.org/p/conseller%C3%ADa-de-cultura-educaci%C3%B3n-e-ordenaci%C3%B3n-universitaria-non-ao-peche-do-cpi-monte-caxado-no-al-cierre-del-cpi-monte-caxado?utm_medium=email&utm_source=notification&utm_campaign=petition_signer_receipt

    Aquí tedes o enlace de Change.org pra firmar! Difunfilo!

    ResponderEliminar
  7. Todos faremos o que estea nas nosas mans para evitar esta inxusticia.Soy Maria Carral, profe de Infantil no Monte Caxado.

    ResponderEliminar