domingo, 28 de mayo de 2017

UNHA "CALCULADORA DE POLLITOS" OU UNHA INCUBADORA?

Menos incubadora chamámoslle de todo: polletería, calculadora de pollitos... pero o caso é que o día 24 nos trouxeron unha incubadora con 18 ovos de GALIÑAS DE MÓS, dende a asociación AVIMÓS, previa solicitude.
Así que... agora nos queda agardar ata o día 14 de xuño que será cando (esperemos) decidan sair do cascarón.
Temos que facer a conta atrás dos días que faltan, xa que son 21 días de incubación.
A incubadora está programada para que os ovos de cando en vez xiren, así que, cando na incubadora soa unha musiquiña, alá nos imos mirar como xiran.
Cada 2 días temos que botarlle auga para que a humidade sexa correcta, e uns días antes haberá que facerlle algún cambio: parar o xiro automático, subir a temperatura e baixar a humidade.


Cantos credes que nacerán?

Deste xeito é como comezamos un novo "MINI PROXECTO". Mini porque xa non nos queda moito tempo de curso e temos que adaptarnos a esta temporalidade.
Xa sabedes, se queredes aportar calquera material referido ao tema GALIÑAS E POLIÑOS, estaremos encantad@s coas vosas aportacións:
O mesmo pode ser un conto, un libro informativo, información de internet, un peluche, un xogo, un "lapbook" coa información recollida nunha cartolina (como fixemos coas flores)... e todo o que logo sexa para devolver terá que vir marcado co nome.
Moitísimas grazas de antemán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario