jueves, 11 de mayo de 2017

ROUPA E CALZADO

ROUPA E CALZADO:
Aproveitamos para lembrar que os XOVES ao igual que os MÉRCORES temos que vir con roupa cómoda, preferiblemente deportiva.
E unha vez máis insistimos no calzado e uso do mesmo con velcro.
Somos 23 na clase e se 15 vimos con cordóns ou botas con cremalleras, calzado que nos queda pequeno e non nos da entrado... isto é o que sucede a diario na aula:
- Á hora de sair ao patio (que é cando nos cambiamos o calzado) estamos apuradísimos e sempre, sempre saímos tarde. Perdemos todos porque saímos xuntos, pero os que nos calzamos autonomamente seguro que xa levamos un bo rato esperando, preparados para sair.
- Os que non traemos o calzado axeitado nos "frustramos" porque vemos que temos que pedir continuamente axuda e non temos a autonomía do resto dos compañeiros.
- Posiblemente tamén estaremos menos cómodos (os cordóns poden apretar, se están frouxos non agarran os nocellos...), desataránsenos a miúdo.

POR FAVOR ENVIÁDENOS CÓMOD@S AO COLE E AXUDÁDENOS A SER AUTÓNOM@S.
 Encántanos conseguir facer as cousas sós!!! Axúdadesnos a que consigamos calzarnos sen ter que pedir axuda? Moitas grazas!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario