jueves, 18 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS ADICADAS A CARLOS CASARES

E nós que podíamos facer? Pois por exemplo falar un pouquiño da súa biografía (ao noso nivel claro), e plasmalo nun mural.
Pero ademais decidimos traballar a oralidade, o vocabulario, o respeto pola quenda de palabra... e isto foi o que fixemos:
A partir dunhas imaxes (a do escritor e a dalgunhas das súas obras) comezamos a construir a historia, pero... engadímoslle posibilidades:

O pai de Carlos Casares foi mestre, pero... que outra profesión podería ter de non ser mestre? pensamos e demos moitas posibilidades (traballar nos muíños, perruqueiro, traballar na chimenea alta de As Pontes, barredor...)
 As obras que vimos de Carlos Casares foron:
- A galiña azul (de que outra cor podería ser?)
- O polbo xigante (Que outros animais mariños coñecemos?)
- As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas (Podería ser outra froita, non sí?)
- Este é Toribio (pensamos outros nomes masculinos para o protagonista)
- O galo de Antioquía (aves que coñecemos)
- O can Crin e o lobo Crispín (aquí teríamos que falar de razas de cans pero non fomos quen de dicilas... e deixámolo en branco)



Fixémolo xenial!!!! Pensamos, falamos, aprendimos, pintamos, escribimos e como resultado nos deu un precioso mural.
E como queríamos ensinar o noso traballo, convidamos á clase de 6º a que viñera a facer o mesmo que nós, pero primeiro axudámoslle á profe a falar un pouquiño da biografía de Carlos Casares. Logo, por equipos de cores, foron traballando o vocabulario e por último compuxeron o seu mural, que logo nos explicaron enteiriño.



E fóronse super contentos co seu traballiño para a súa clase.

No hay comentarios:

Publicar un comentario