domingo, 5 de marzo de 2017

COAS ZAPATILLAS...

Vainos xenial!!!!
Estamos super cómod@s e cada vez as calzamos máis rápido.
Se temos calzado con velcro ou cremalleira soemos facelo autonomamente, e se temos cordóns precisamos axuda.
Por iso, na medida do posible, é mellor traer un calzado que nos de autonomía para poder facer as cousas por nós mesmos. Encántanos dicirvos aos adultos que queremos facer as cousas sós, e aínda máis que nos dedes a oportunidade de irnos defendendo nas tarefas cotiás por nós mesmos.
Aínda que como vos dicimos o estamos facendo xenial... mirade un truquiño que ten a profe para que sexa máis sinxelo ver cal é do pe dereito e cal do esquerdo.
Xa vedes que o mesmo vale utilizar como guía o nome propio, unha cariña, un personaxe dos debuxos que nos guste moito... calquera cousa que teñamos que compoñer en 2 pezas e con iso lograr a posición correcta do calzado.


No hay comentarios:

Publicar un comentario