miércoles, 15 de marzo de 2017

AS FORZAS MAGNÉTICAS

Hoxe comezamo-la mañá probando un material que nos enviou o científico Chispas, e que nos deixou abraiad@s!


Tratábase dunhas fichiñas de plástico e unha especie de paleta, tamén de plástico. Aparentemente non era moi atraínte, agás polas súas cores, pero a maxia oculta do imán e os ariños metálicos que rodeaban os circuliños nos amosaron a forte atracción entre os imáns e os metais.
Antes de nada fomos probando de un en un, a ver se todos podíamos conseguir que as pezas se quedasen pegadas. E claro que o conseguimos!


Despois... probamos que cousas eran as que se pegaban aos imáns e descubrimos que os papeis e as cabezas dos nenos e nenas non serven :) , só se pegan a cousas metálicas como encadernadores, clips, chinchetas, as patas das mesas...


E para que quedase ben claro fixemos as nosas propias "botellas magnéticas" para experimentar. Nelas, que son as dos batidos que tomamos en Entroido coas orellas e os freixós (o que garda sempre ten), metimos papeliños, "lentejuelas", unha campaíña metálica, uns encadernadores, un botón. E logo de tapa, como nos tiñamos, nos apañamos unhas cuns cachiños de globos e unhas gomas elásticas.

Logo comprobamos co imán como as pezas metálicas sí se pegaban ao imán e se podían mover de abaixo arriba seguindo a traxectoria do imán, e o botón, papeliños, lentejuelas... non se pegan.


E para que nos lembremos de Chispas e do magentismo. Fixemos tamén o noso propio imán para poñer na neveira ou no extractor da cociña... ou nalgún outro sitio que haxa algo metálico onde se pegue con forza o imán adhesivo que leva por detrás o noso científico favorito.



No hay comentarios:

Publicar un comentario