jueves, 30 de marzo de 2017

APRENDENDO A RELAXARNOS

Éche ben verdade ese refrán que di que "a primavera o sangue altera". Non o notades en vós mesmos? Non estades máis pletóricos? Non estades con máis gañas de actividade? Nós de seguro que respostamos a todo que sí.
Por iso, chegou o momento en que temos que aprender a relaxarnos un pouco, en que nos tomemos uns minutos para voltar á calma despois dun tempo de xogo ou actividade de moito movemento (patio, volta de educación física, despois dun rato xogando polas distintas zonas da clase...) En definitiva sempre que sexa preciso recurriremos a unhas pequenas e sinxelas dinámicas que nos fagan calmarnos, serenarnos, escoitarnos...
Hoxe algún de nós xa atopou un xeito ben sinxelo de relaxarse individualmente...


E o resto conseguimos relaxarnos un pouquiño despois do patio facendo unas sinxelas actividades na aula do pavillón.
O primeiro que fixemos foi intentar escoitar o silencio. Unha tarefa difícil para ser a primeira vez que a poñíamos en práctica, pero rápido cada un atopou a súa mellor postura para intentar non escoitar os ruidos, e tampouco facer sons que puidesen molestar ao resto.
Aïnda que parece algo moi sinxelo, pechar os ollos cóstanos moito cando somos pequeniñ@s, gústanos controlalo todo e se non vemos... notamos certa inseguridade.


Cada un adoptou a súa postura de concentración:


E unha vez chegados a este momento de calma, aproveitámolo para facer unha masaxe en grupo.
Que boa idea! Encantounos a tod@s a experiencia!
Por iso vos mandamos para casa o papeliño co texto-canción (poñédelle a entonación que queirades, pero facendoa moi lentamente) e poder facer un momento de relaxación familiar grupal. Tiñades algún plan mellor? Pois aproveitade este! E por suposto, estamos desexando saber como vos foi se o puxéchedes en práctica.


Aos blogueir@s nos encanta ver que a xente nos le, pero máis aínda cando nos damos conta das persoas que hai ao outro lado da pantalla atent@s aos nosos post. Por iso, non teñades medo e participade do blogue a través dos comentarios. Moitísimas grazas!

3 comentarios:

  1. A min esto do ioga e a relaxación paréceme unha idea xenial... A ver se o empezamos a notar pronto na casa... ��

    ResponderEliminar
  2. A ver... iremos pouquiño a pouco, pero se conseguimos cada día facer 15 minutiños con dinámicas sinxelas aforraremos de seguro tempo en poñer orde na clase ou na casa, pois será máis sinxelo "calmar o ambiente" e evitar enfados e rabietas...

    ResponderEliminar
  3. A ver... iremos pouquiño a pouco, pero se conseguimos cada día facer 15 minutiños con dinámicas sinxelas aforraremos de seguro tempo en poñer orde na clase ou na casa, pois será máis sinxelo "calmar o ambiente" e evitar enfados e rabietas...

    ResponderEliminar