Con esta simpática canción fixemos a nosa coreografía, non sen antes ensaiar algunha vez cos nosos compis do grupo A.
Pero ao facelo coas boas, os sombreiros e garavatas, e tanto público... entramos totalmente no papel e o fixemos xenial, non si?
Mirade un resumiño da nosa mañá:
A CLASE DE BEA
sábado, 10 de febrero de 2018
lunes, 5 de febrero de 2018
A MALETA VIAXEIRA DE ÁNGELA
Un libro super divertido, o uniforme de mamá (que para a nosa sorpresa era da Patrulla Canina!!!), útiles tamén do traballo de papá... e unhas fotos que nos describiu con todo luxo de detalle. Xa sabemos un pouquiño máis de Ángela.
sábado, 3 de febrero de 2018
NOVAS TAREFAS PARA OS ENCARGAD@S
Vedes como imos traballando con códigos matemáticos? Vedes como imos facendo as descomposicións numéricas? vedes como traballamos con grupos de 10, ou decenas?
Ademais agora dos encargad@s temos a figura do VIXIANT@! que é o que se encarga de que todo esté baixo control se a profe ten que ir a facer unha fotocopia, por exemplo.
Así, na caixa de luz están escritos cada día os nomes do encargado e do vixiante, de xeito que calquera que entre na clase saberá a quen dirixirse.
Ademais agora dos encargad@s temos a figura do VIXIANT@! que é o que se encarga de que todo esté baixo control se a profe ten que ir a facer unha fotocopia, por exemplo.
Así, na caixa de luz están escritos cada día os nomes do encargado e do vixiante, de xeito que calquera que entre na clase saberá a quen dirixirse.
O ANIVERSARIO DE SERGIO E IAGO
E aquí están os máis maiores da clase (falta Sara que á súa volta tamén terá a súa festa) que xa están no CLUBE DOS 5 ANOS e nos fixeron unha sabrosísima merenda:
Batido de amorodos con leite de améndoas e uns croissants de pavo e queixo.
MÁIS EXPERTAS EN BOSQUES
En concreto Lara, unha experta no pinar do seu avó José:
E Daniela, unha experta no bosque da nosa fraga das Pontes:
E Daniela, unha experta no bosque da nosa fraga das Pontes:
SOPLAR CON PALLIÑAS E PINTAR CON TÉMPERAS REBAIXADAS CON AUGA
É un xeito diferente de pintar con pintura, e ao mesmo tempor resulta unha actividade moi boa para traballar os órganos bucofonatorios, e con iso, mellorar posteriormente a pronunciación dos nosos peques, nos casos en que presentan dislalias (non pronuncian o fonema /R/ por exemplo, cambian un fonema por outro...)
Probade na casa peques e maiores, xa veredes!!!
martes, 30 de enero de 2018
sábado, 23 de diciembre de 2017
E CHEGA O NADAL...
E con el... o momento de crear as postais de Nadal...
e de envialas ás nosas casas para felicitar ás nosas familias.
Para iso, aproveitamos tamén a saída ao buzón para ver o poboado de Nadal das Pontes, pero non sen antes prepararnos e compoñernos ben guapos e guapas, coa axuda de Gema, a nai de Daniela, que nos fixo unha sesión de perruquería.
Así de ben o pasamos no Poboado:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)