lunes, 3 de julio de 2017

SÓ É UNHA REUBICACIÓN!!!!

Iso é o que pretendedes vender cara a fóra, aos de dentro esa explicación xa sabedes que non nos serve, pois sabemos que isto vai máis alá e contén moita letra pequena.
Por si queda alguén con algunha dúbida sobre REUBICACIÓN, direi que reubicarnos é o que estamos intentando facer nós.
É algo difícil pois a DESINFORMACIÓN fai que hoxe, a día 3 de xullo, sigamos sen saber por onde comezar. Pero... eu hoxe tomei unha decisión, a de reubicarme na aula que me correspondería estar en setembro se as cousas seguisen o seu curso normalmente.
Así que, señor Conselleiro e equipo de asesores: espero que vostedes entren dunha vez por todas en razón e nos deixen quedar como estabamos:
- NO NOSO COLE
- NAS NOSAS AULAS
- CO NOSO ALUMNADO
- COS NOSOS PROXECTOS
- COAS NECESIDADES TIDAS EN CONTA
- COAS NOSAS ILUSIÓNS
...
Podemos facer un BORRÓN E CONTA NOVA, e UN CONSELLO cando decidades tomar unha decisión de tal embergadura comezade a facer ben as cousas dende o principio:
- INFORMANDO CUNHA MARXE TEMPORAL LÓXICA
- PLANIFICANDO
-AVALIANDO
- ANALIZANDO POSIBILIDADES
- VENDO NON SÓ OS PROS, TAMÉN OS CONTRA
...
Non empecedes as casas polo tellado e facendo as obras en dúas xornadas laborais porque con ese planteamente o único que pode sair de aquí é un CHURRO.
Non hai por donde coller tal barbaridade. En que estarían vostedes pensando cando se lles ocurreu semellante idea?
En fin... vouvos deixar pensar e entretanto eu sigo ao meu que teño moito aínda por facer:


Atentamente:
A profe das abelliñas

1 comentario:

  1. Parabéns Bea por ser unha mestra activa, loitadora e implicada. Un bo exemplo a seguir.
    Grazas por todo!!
    Nieves

    ResponderEliminar